Diario de Gravación: DIA 6

Xa fai unha semana que rematamos todo o traballo do estudio, pero a pesar das datas de festa que corren... e do cambio de ano (por certo, feliz 2012 de parte de Machina), continuamos co traballo que vai parello ó disco. De momento, Machina sempre traballou baixo a autoedición, e a veces gústanos levala ata límites como foi o de construirnos a nosa propia Serigrafía para facer as Camisolas. Así que estos días andamos a voltas co Deseño do disco e da campaña que este suporá, do cal se encarga tamén un membro da banda que é Martín, o noso cantante.
Andamos tamén preparando todo o tema de promoción que nos mesmos teremos que facer, aínda que esperamos botar mans de amig@s e compañeir@s, programando xira... é decir que non só nos vimos para tomarlle unhas copiñas, senón para traballar no que será este novo disco. A parte desto, seguimos con Pablo Iglesias inmerso no estudio mesturando os temas do disco, o cal esperamos deixar listo esta semana para mandar a masterizar o cal vos contaremos na próxima entrega.

Diario de Gravación: DIA 5

Era xa media tarde do mércores cando Gonzalo rematou de gravar a última guitarra, e tocábame a quenda para poñer a parte que restaba do disco, así que decidimos poñernos xa mans á obra. Mentras Pablo preparaba todo para gravar, eu fun tamén mentalizándome,xa que non son dos que me gustan os estudios, non me atopo cómodo e sinto como que teño outra voz que non é a miña e que non sei controlar ó meu antollo, tal e como fago nos directos ou nos ensaios, onde si consigo dominala. Pero ben, tras unhas tomas do primeiro tema… xa me relaxei máis e a cousa foi saindo ben, e como ía ben, tras unha pequena pausa para cear, decidimos continuar gravando ata as 3 da mañán, cando xa o cansancio facía mella, e o último tema dese día costou xa bastante rematalo.

Diario de Gravación: DIA 4

...ou "como soa o Sovtek!!!!"
Antes de baixar a Vigo tocou facerlle visita ao compañeiro Toxo para por a punto as guitarras e, como sempre, non nos defraudou. Saímos de Curtis con guitarras axustadas e quintadas ao ritmo dos primeiros discos de Metallica que Toxo usou e mellorou para darlle o visto bo aos instrumentos. Grazas Toxo!!

Diario de Gravación: DIA 3

Día de temporal na costa galega e como Vigo non é unha excepción, na maña da gravación dos baixos, o que caia do ceo en Vigo mais que gotas parecían caldeiros de auga, iso si, acompañado dunhas rachas de vento o fortes dabondo coma para que sacar o paraugas servise para ben pouco.
Nestas circunstancias comecei a descargar o material da furgoneta coa a axuda de Cesar (o noso asistente de gravación neste disco), o que levou uns cantos minutos mais dos necesarios debido as choivas intermitentes que estiveron presentes ao longo de todo día. A media maña con todo o material montado e despois de darlle unhas cantas voltas aos diferentes diferentes baixos,  amplificadores e demais pedais de efectos atopamos os sons que buscaba para esta gravación. Cousa complicada xa que neste disco decidín utilizar un son concreto para cada tema o que requiriu utilizar moito e diverso material, mesmo dentro dunha mesma peza (grazas a Tabeaio polo seu Precision do 78 e a Cesar polo seu Spector ;) Cando comezamos darlle ao rec nalgúns sitios xa estarían coa sobremesa, aínda así gravamos tres temas antes de marchar a xantar.

Páxinas