Diario de Gravación: DIA 8

Xa case vai facer dous meses dende que comezamos con este diario de gravación, dous meses dende aquel luns que saímos de Cerceda na furgoneta cargada de amplis, guitarras, cachibaques, unha ducia de cancións e un feixe de ilusión a plasmar nun disco e poder compartir convosco.
En que punto estamos agora? Pois xeográficamente as nosa ilusión agora viaxaron a Umea (Suecia) onde Pelle Henricson ou “Pelexo”, como lle chamamos cariñosamente en Cerceda, lle está a dar a última fornada, a masterización. A masterización é o último proceso antes de que o disco entra na fabrica para facer as copias. Aínda que é un pouco complexo,para que se entenda, na masterización téntase  darlle homoxeneidade ao son do disco, isto é, que aínda que as pezas sexan diferentes e variadas (no caso de Machina xa sabedes que o son) a masterización dalle un carácter unificador ao disco pero, claro está, non fai milagres.

BADULAKE ROCK 1999-2012

Badulake

Foi unha tarde de outono do 99 cando nos mandaron aviso ao local dos Sensacha para que recolleramos o equipo e sairamos pintando para Ordes a tocar no Badulake. Ao parecer a banda encargada de inaugurar o Badulake, The Virus, non aparecía. “Os da Coruña  atravesan Alfonso Molina e pérdense” pensabamos nós. E alá nos fomos, non lembro se foi un primo, unha tía ou incluso a avoa quen nos levou a Ordes. Para dotar todo aínda de máis dose de intriga, os  Sensacha daquela estabamos sen cantante, co cal decidimos arriscar e ir igual facendo eu de algo así como cantante.

Diario de Gravación: DIA 7

Machina

Aquí seguimos, con trámites e cousas, isto é un non parar... A semana pasada rematamos por fin as mesturas, dous días a tope con Pablo no estudio para pulir todo aquilo que non nos convencía, escoitando, rescoitando, escoitando no coche, escoitando no portatil... intentando buscar algunha referencia que parecera real, xa que normalmente no estudio sempre soa ben, moi ben. Pero finalmente chega un punto no que hai que parar de darlle voltas ó asunto e ser máis resolutivos, porque poderíamos tirarnos tempo e tempo ata que cada tema fose perfecto. Pero ben, finalmente, hoxe mesmo partiron os temas cara o estudio de Mastering para dar o acabado final... do cal vos falaremos na próxima entrega, cando volten os temas da longa viaxe que lles agarda.
Esta semana pasada, a maiores, tamén estivemos polos estudio Bonham de A Coruña, onde gravamos unha intro para o disco acompañados polo teclista Nacho Goris que podedes ver actualmente en Soultrack. Apetecíanos facer algo diferente, un prólogo para o noso particular "Ensaio sobre o silencio", e contar con Nacho no Piano creemos finalmente que foi unha decisión máis que acertada.

Berri Txarrak + Machina en Compostela

Machina estaremos unha vez máis compartindo escenario con Berri Txarrak na súa visita por terras Galegas. Novamente a banda de Nafarroa escolloeunos para abrir o que esta vez será o seu único concerto en terras Galegas, o 11 de Febreiro na sala Capitol de Santiago de Compostela. Será un quencemento perfecto antes do concerto de Presentación cargado de sorpresas que en breve anunciaremos.

BERRI TXARRAK + MACHINA

Precio:  Anticipadas 12,00 EUR / Taquilla 15,00 EUR

apertura portas 20:30
concerto 21:15

--------------------------

ENTRADAS:
http://www.musikaze.com/
http://www.kulturalive.com/
Santiago de Compostela : Discos Gong ( R/Dr Teixeiro nº 1, Praza de Galicia), A Reixa Tenda. (R/Mazarelos nº9)
Vigo: Cantina Candela (R/ Martin Codax nº12). Tenda Tipo Vigo (R/ Lopez Mora 47)
A Coruña: Baiuca Terra (R/ Vista nº 22)

Tags: 

Páxinas