Cambio de data na presentación do disco

AVISO IMPORTANTE!!! Debido ás diversas demoras na edición do disco, búsqueda dun emplazamento axeitado para a presentación e algún que outro contratempo máis... vémosnos na obriga de adiar a data do concerto de presentación do novo disco de Machina "Ensaio sobre o silencio". Sentimos avisar con tan pouco tempo de marxe, estivemos traballando todo o posible para intentar manter a data inicial de presentación pero non nos quedou máis remedio que facer este cambio. Finalmente a presentación sera o sábado 14 de abril na antiga Sala de Festas de Meirama - Cerceda (subiremos un pequeno croquis da localización para aqueles que non coñezades a parroquia). Como agasallo para compensar este cambio de última hora sabede que en breve o disco estará en diferentes plataformas dixitais para que poidades escoitalo cantas veces desexedes. Saúdos e desculpas por este cambio de última hora!!!

Video-reportaxe en Galicia Confidencial

Esta fin de semana, aparece unha reportaxe en Galicia Confidencial, falando sobre MACHINA, que inclúe unha video-reportaxe con entrevistas realizada por TingaLaranga.

Botádelle un ollo !!!

Tags: 

Reserva "Ensaio sobre o silencio"

"Ensaio sobre o silencio" sairá, na súa edición física, nunha serie especial e limitada de 250 uds feita a man por nós mesmos, polo que se queredes mercar o disco que custará 12€ é imprescindible que fagades unha reserva dende hoxe mesmo a través de tenda@machinagz.com indicando o voso nome e xa nos poñemos en contacto con vós.

Non quededes sen ela!!!

Primeiro tema de adianto: "Apandar"

Hoxe (8 de Febreiro) poderedes desfrutar do tema "Apandar", primeiro adianto de "Ensaio sobre o Silencio" o novo disco de MACHINA, no Planeta Furancho de Radio Galega Música a partires das 23.00 !!!

Santiago de Compostela _ 104.2
Ferrol _ 106.3
A Coruña _ 92.1
A cova (centro prov. Lugo) _ 96.6
Ourense _ 95.6
Lugo (capital) _ 106.2
Pontevedra _ 101.4
Xiabre (Noia, Cambados, Vilagarcía, O Grove,...) _ 88.0
Vigo (domaio) _ 90.8
Xistral (viveiro, vilalba, Mondoñedo,...) _ 100.2
Paramo (Sarria, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei _ 100.6

Ou a través de internet na páxina da Radio Galega!

 

Páxinas