Diario de Gravación: DIA 2
Continuamosvos contando, estamos xa a golpe de Venres, hoxe tomamos o día libre os compoñentes do grupo, e sen embargo temos a Pablo Iglesias traballando no estudio para deixar editadas as baterías e baixos, e o luns Gonzalo e Martín se atopen as bases perfectas para comezar a meter o resto de cousas. Pero para que o productor tivera o día de hoxe ocupado, o mércores Angel tivo que sudar o seu, para deixar as baterías gravadas. Por cuestións técnicas e de son, as baterías graváronse no estudio Planta Sónica 2 de Vigo (antigos AreaMaster) onde a eso das 11.30 xa estabamos montando a batera e microfoneando todo. Tras quencer e prepararse, ás 12.30 comezaban as probas, mirar o son, perfeccionar a afinación… e tras conseguir o son desexado, unha hora despois comezaba a gravar Angel o primeiro tema. Ó rematalo notábase que estaba a mil por hora, desvocado, pero a toma foi válida, empezaba ben a cousa, e aquelo que é un son provisional ata a mestura final, xa soaba tremendo. Así que ó estar lanzado, meteulle caña, e gravou outros dous temas á primeira antes de xantar. Despois de encher o bandullo, a eso das 4, sentado de novo enfrente da súa DW, gravou outros 4 temas do tirón, nos cales como nos anteriores, apenas foi preciso facer un retoque ou mover algunha cousa. A cousa ía ben, pero o séptimos xa lle tocaba, e houbo que repetir, repetir e darlle unhas voltas a varias partese redobles ata que quedou a toma aceptable. Aquí raiouse un pouco, e decidiu facer un descanso, e sorprendeuse cando lle dixeron que apenas eran as 6, e aínda tiña tempo de sobras para gravar o resto con calma. Pero motivado outra vez, voltou a sentarse e rematar o resto de temas, aínda que xa polo cansancio tivo que repetir algunhas tomas, pero a eso das oito, o novo disco xa tiña as baterías listas. Tanto o técnico do estudio como o propio Pablo coincidiron en que foron as baterías máis rápidas que gravaran nunca, e que saisen tan malladas, e dixeron que Angel tocaba moi ben o que fixo que este se ruborizara, hehe, aínda que tamén hai que decir que houbo que apercibilopara que lle baixase un pouco ó brazo e tocara máis suave, pois acostumado como está ós directos, petaba tan duro que posteriormente sería moi complicado modificar o son. Pero ó final o día foi redondo e todo quedou listo para que Anxo metera o Baixo ó día seguinte. Pero esto é outra historia que vos contaremos na seguinte entrega. Un saudo e deixámosvos un par de fotos e a entrevista que nos fixo Vituco onte no Furancho, facendonos seguimento da Gravación.














