Discografía completa en GzMúsica

GzMusica

Xa está dispoñible para descarga toda a nosa discografía, incluido o último disco "Ensaio sobre o Silencio", aquí vos deixamos o enlace

Pincha para acceder ás DESCARGAS

MACHINA NO SAN FROILÁN - FESTIVAL DE NOSO 4 OUTUBRO

Machina no san froilan festival de noso

Machina participará no programa de actividades das luguesas festas do San Froilán 2012. John Deeres, Terbutalina e Machina conforman o cartaz do  Festival de Noso que a Asociación Cultural do País organizará na Praza do Campo Castelo o vindeiro 4 de Outubro o que suporá o arranque de doce días de festa.

FESTA DA FERVENZA-MAZARICOS

Ola de novo!!

Logo dun tempo sen darvos sinais de vida por aquí, voltamos co único concerto que de momento Machina vai dar nesta tempada estival.

Andaremos pola Festa da Fervenza de Mazaricos este venres 10 de Agosto xunto coas bandas John Deeres, Don Gato e Altercado.

Polo que nos contan dispoñemos de 2000 ferrados de explanada así que podedes vir acompañados, traer a familia e aos amigos...

Agardámosvos!!!

Como chegar á Presentación

INDICACIÒNS PARA CHEGAR A MEIRAMA(SALA DE FESTAS)
Direcciòn: Picota 86,Meirama 15188, Cerceda

Para aqueles que non teñades claro como chegar á sala de festas de Meirama deixámosvos unhas indicaciòns ben sinxelas para vir en coche.Tedes tamén a posibilidade de vir en tren xa que a 1Km está o apiadeiro de Meirama.Lembrámosvos que a sala NON está preto da central térmica como moitos pensan.Aquí van un par de rutas posibles dependendo de que zona veñades:

[[[ SE VIDES DA ZONA DA CORUÑA,etc. ]]]
*Collede a autovìa Lugo-Madrid e saíde no desvìo de Ledoño pola estrada AC-523 direcciòn Cerceda.
*Seguide 7 km por esta estrada ata atopar a saìda Meirama-Carral á esquerda(hai un bar onda esta saìda).
*Collede esta saìda e a 1km toparédesvos coa ponte do tren.Xusto antes desta ponte collede á esquerda e a 1km está a sala.

Páxinas