bio

O 2006 supón un punto de inflexión radical en Machina, os de Cerceda acompañan a Soziedad Alcoholika e entran a gravar co recoñecido productor Javier Abreu (Los Piratas, Boicot, Sugarless, Zënzar,…) o que será o seu Ep “Acouga” (2007). “Acouga” é un Ep de cinco pezas que dan boa mostra dos terreos nos que se move Machina, nu metal, hardcore melódico, rock alternativo. A particular versión do “Xirarei” de Xil Ríos dalle popularidade á banda soando na Radio Galega. Este traballo foi defendido pola banda cunha xira por todo a xeografía galega. No ano 2009 Machina publica “Post-Bravú” unha auténtica declaración de intencións no panorama galego. O disco foi gravado de novo con Javier Abreu e contando coas colaboracións de Xabier Díaz (Berrogüeto), Mou (DKTC) e Ghendebeat. Post-Bravú son 13 pezas que reflexan o que en Galiza se está a facer máis aló do folk ou da música festeira da que Galiza é unha potencia. Post-Bravú ten ramalazos do pop máis sútil e sensible e do rock máis duro e crú o que fai que sexa unha proposta auténtica. Con Post-Bravú Machina consegue formar parte do cartel de grandes festivais compartindo escenario con grandes bandas como Boikot, Amparanoia, Habeas Corpus ou Berri Txarrak. No 2010 Machina son escollidos polos Berri Taxrrak para acompañalos na súa xira galega de “Payola”. A fins do 2010 Machina volve a sorprender, nesta ocasión unha xira en acústico chamada “Desenchufados”. O novo formato da banda non deixou indiferente a ninguén recibindo unha extraordinaria acollida por parte do público.











