Como chegar á Presentación

INDICACIÒNS PARA CHEGAR A MEIRAMA(SALA DE FESTAS)
Direcciòn: Picota 86,Meirama 15188, Cerceda

Para aqueles que non teñades claro como chegar á sala de festas de Meirama deixámosvos unhas indicaciòns ben sinxelas para vir en coche.Tedes tamén a posibilidade de vir en tren xa que a 1Km está o apiadeiro de Meirama.Lembrámosvos que a sala NON está preto da central térmica como moitos pensan.Aquí van un par de rutas posibles dependendo de que zona veñades:

[[[ SE VIDES DA ZONA DA CORUÑA,etc. ]]]
*Collede a autovìa Lugo-Madrid e saíde no desvìo de Ledoño pola estrada AC-523 direcciòn Cerceda.
*Seguide 7 km por esta estrada ata atopar a saìda Meirama-Carral á esquerda(hai un bar onda esta saìda).
*Collede esta saìda e a 1km toparédesvos coa ponte do tren.Xusto antes desta ponte collede á esquerda e a 1km está a sala.

Concerto de Presentación !!!

Así montamos "Ensaio sobre o silencio"

Así estamos a montar a edición especial de "Ensaio sobre o silencio" , se aínda non vos fixestes con unha aínda estades a tempo, pero apurade, que se esgotan!!!

 

Escoita xa "Ensaio sobre o silencio" na rede !!!

Xa podedes escoitar o novo disco de MACHINA, "Ensaio sobre o silencio" nas plataformas dixitais de GrooveShark e BandCamp. En brevés estará tamén en Spotify e listo para mercar no portal Itunes. Pero recorda que se queres unha das 250 unidades do packaging especial do disco, tes que reservala enviando un mail a "tenda@machinagz.com" e a partir do 14 de Abril poderás recibila. Un saúdo e agardamos que desfrutedes deste novo disco!

 

               

Páxinas